Friday 19 de April de 2024

Cheo total na ruta literaria cara o Pico Sacro


O Concello de Boqueixón lembra que aínda quedan tres visitas teatralizadas gratuítas dos Quinquilláns para o 18, 19 e 26 de agoisto. Inscricións: boqueixonturismo@gmail.com ou 981 513 061

Cheo total no roteiro literario cara o Pico Sacro organizado polo Concello de Boqueixón e Compos Tours dentro do ciclo “Un mes e Pico”. Unha ruta teatralizada que tivo lugar este domingo e na que as persoas participantes partiron do Centro de Interpretación do Pico Sacro encabezados por un guía excepcional coma Castelao.

Durante o seu percorrido cara o cumio do monte sagrado se foron sumando outras figuras das nosas letras tales como Avelina Valladares, Lamas Carvajal e Xosé Neira Vilas. Todos eles deron lectura a fragmentos das súas obras relacionadas co Pico Sacro. A visita desenvolveuse respectando en todo momento as medidas anti-covid, o que fixo que o número de prazas fose tamén limitado.

Un mes e pico

Este roteiro literario forma parte da programación do ciclo “Un mes e Pico”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración co Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia. Un ciclo para o que aínda restan tres visitas teatrais gratuítas dos Quinquilláns, programadas para a fin de semana do 18 e 19 de setembro, e o domingo 26 de setembro, ás 17:30 horas.

A participación é totalmente de balde, se ben a situación sanitaria actual fai que o número de prazas sexa limitado e sexa imprescindible inscribirse previamente no mail boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 981 513 061.